“Na Llama” así se chama o video-clip que un día despois de ser estreado superaba amplamente as 6.000 visualizacións.
O disc-jockey vimiancés Damián Rodríguez “Rokiño” e a cantante María Kilate (actualmente na orquestra Olympus” lanzaron este tema.
O mesmo día da presentación, venres 11 de marzo, Rokiño participaba no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas onde lle contaba a Xosé Manuel Lema (@xmlema) a historia desta canción, todo o proceso de gravación e os seus proxectos musicais.
Actualmente traballa como dj residente da Sala Soco de Vimianzo, onde precisamente coñeceu a María Kilate. Ademais ten a súa propia empresa de eventos R Events.