Información actualizada por Axega 112
Un lume calcinou por completo unha nave industrial localizada no concello coruñés de Camariñas.
Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos. Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o lume comezou ás 10:30 horas e fíxose visible a causa do fume que saía do tellado da nave, situada no lugar da Piosa, na parroquia de Santa María de Xaviña.
Tras ser alertados polo 112, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Cee e de Santa Comba, ademais de membros de Protección Civil de Camariñas e de Muxía.
Unha vez finalizada a intervención, os servizos de emerxencia confirmaron que a nave ardeu por completo e que un dos efectivos dos equipos de extinción tivo que ser atendido no lugar dos feitos polos profesionais sanitarios.
Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, tamén solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil.