Vimianzo acolle a primeira marquesiña do rural do novo plan da Xunta

0
2517


O lugar de Vilaseco, no concello de Vimianzo, acolle a primeira das marquesiñas do rural, que se instalarán en toda Galicia. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e o delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron a nova estrutura acompañados polo alcalde en función de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e pola portavoz do Partido Popular, Raquel Rodríguez Amigo.

Vimianzo. A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisará a instalación dunha nova marquesiña no marco do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos de transporte público. 10/06/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña


Marquesiña “con selo galego” en Vimianzo


Ethel Vázquez Mourelle sinalou que esta instalación ten unha gran importancia, xa que dará servizo aos alumnos do CEIP San Vicenzo e do IES Terra de Soneira e tamén aos veciños que fan a ruta da liña regular entre Boudañeira e Vilaseco.


Explicou que se trata dunha nova infraestrutura enmarcada dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte.Segundo a Xunta as marquesiñas teñen “selo galego” tanto no deseño como na madeira empregada.