A Xunta inviste 91.185 euros no Polígono de Vimianzo

0
927

Visita de Ovidio Rodeiro a Vimianzo.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o parque empresarial de Vimianzo, acompañado polo alcalde Manuel Antelo, para comprobar o resultado da obra de cuberta e almacén do Punto Limpo no polígono empresarial que «está a piques de rematar».

Punto Limpo de Vimianzo

A mellora no Punto Limpo foi financiada cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria. “A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso co desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais” declarou Ovidio Rodeiro en Vimianzo.