Os cinco tripulantes están a salvo. o barco con base en Muxía afundiu por unha vía de auga.
O pesqueiro “Centolo” de Muxía afundiuse sobre as oito da mañá, a 21,5 millas ao noroeste de Cabo Vilán por causa dunha vía de auga.
Os cinco tripulantes da embarcación tiráronse ao mar usando unha balsa salvavidas e foron rescatados polo barco “Caprichosa Dos”, seguindo as indicacións do Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra., que mobilizou ata o lugar a embarcación Salvamar Altair, que estaba en Camariñas, e o helicóptero 209, que confirmaron o afundimento do pesqueiro muxián.
Os cinco mariñeiros foron trasladados con vida ata o peirao de Laxe.