Mónica Rodríguez:“O alcalde mantén unha persecución enfermiza sobre o pasado”

0
658

Mónica Rodríguez denuncia actitudes preocupantes con respecto aos traballadores municipais e os grupos políticos.

 

Escoita a entrevista completa coa concelleira de IxV na sección de audio desta web. Mónica Rodríguez Órdoñez participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro(107.5FM)

Mónica Rodríguez valorou a polémica que se vive en Vimianzo con respecto a relación entre goberno e traballadores municipais:

 

“Estamos a vivir unha auténtica persecución política, empresarial e laboral no concello de Vimianzo e desde IxV estamos moi preocupados.Queremos explicacións sobre certos movementos que se están dando no concello. O alcalde e o tenente alcalde están a utilizar ao personal do concello. Utilízase personal doutras administracións para cuestionar o traballo de traballadores do concello. A única explicación que encontramos é que queiran privatizar algún servizo. Non podemos imaxinarnos como sereía todose este capricho do alcalde fora adiante”.

 

A propia concelleira non entende como se poñen trabas as solicitudes para consultar información.

 

“Esta lista de espera parece un chiste. Estamos moi cansos de tantas trabas para acceder a documentación. Solicitamos o acceso a determinada documentación a finales de xaneiro e dánnos cita para finais de marzo. Hai que esperar meses para ver trámites ordinarios. Non sei que terá que ocultar o sr. Antelo cando fai isto”.

 

Independentes por Vimianzo iniciou unha campaña para pedir a continuidade do Grumir… e non entenden a actitude do alcalde:

 

“Tivemos a iniciativa de recoller sinaturas para loitar polo tema do Grumir, que é un tema complicado pero que queremos traballar para que isto non desapareza.O alcalde segue esperando no sofá a que lle traian ascousas. O alcalde mandou retirar a nosa iniciativa do concello.

 

A edila de IxV salienta que a oposición coincide en facer unha valoración negativa do goberno do BNG en Vimianzo.

 

“Leva case dous anos no goberno e creo que queda claro que o alcalde nin sabe nin quere dialogar coa oposición. Co seu comportamente traslada unha crispación continua. A oposición ten puntos de encontro, cada partido coa súa maneira de pensar, pero estamos dacordo en que este goberno non o está a facer ben, por desgracia”

 

Mónica Rodríguez pídelle a Antelo Pazos que se deixe de “publireportaxes” en determinados medios e goberne e busque recursos para Vimianzo.A sí se expresou “Na Encrucillada”

 

“Eu pedirialle ao Sr. Antelo que deixe esa persecución enfermiza e inxustificada que ten sobre o pasado. Xa non está na oposición, que desperte e mire polo futuro do concello. Que xa é hora de que sexa recibido por alguén e que consiga cousas para Vimianzo. Que lav case dous anos senobter nada e incluso non foi capaz de executar obras do anterior goberno”.

 

 

 

 

EN TWITTER @anosacosta 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí