Anosacosta TV estrea producción sobre a nosa Costa da Morte

0
531

DSC_0113

Xa podes disfrutar do noso novo traballo con música de Sobrekarga.

Anosacosta TV recupera unha episodio interesante da historia musical da comarca. En 1994, cinco xóvenes de Ponte do Porto (Camariñas) membros do grupo SOBREKARGA, marchaban rumbo os estudios EDISCO de A Estrada, para gravar o seu primeiro traballo discográfico.

 

Un deses temas era un himno a Costa da Morte, adicado a tódolos náufragos e as xentes do mar. “Costa da Morte” chegou a soar moitos locais, presentouse no Luar da TVG e en “Desde Galicia para el Mundo”,e tamén en programas míticos da radio como “Emisión Pirata”. Os medios fixéronse eco deste traballo no que Anxo, Simón, Juan José, Josma e Cándido querían homenaxear a bisbarra onde naceran.

 

Hoxe lembramos aqueles tempos e aquela canción. O tema dixitalizado polo amigo Cándido Canosa, acompaña unha produción realizada polo noso compañeiro Xosé Manuel Lema.

 

 

{youtube}yrqOYMOjRM4{/youtube}

 

Esta canción foi gravada por Anxo Fernández(guitarra solista, acústica e rítmica), Cándido Canosa(Baixo, teclados e coros), Juan José Canosa(Batería), Xosé Manuel Lema(Voz Solista e letra), e Simón Santos(Guitarra rítmica e coros).

Antes desta gravación e tamén despois Sobrekarga tivo outros membros na súa formación, chegando a gravar un cd en Clave Records.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí