Aparecen novos expedientes sospeitosos no caso “Maceiras”

0
667

pinos

Máis contas abertas sen autorización dos supostos titulares.

Unha ducia de novas denuncias podían sumarse o caso “Maceiras”, segundo informa a Federación Rural Galega que ven de detectar “outras dúas contas abertas sen a autorización dos seus supostos titulares”.

 

O sindicato reprocha que “é precisamente o empeño por ocultar estas tramitacións por parte do empresario que dificulta enormemente as súas vítimas coñecer ser, efectivamente, foron obxeto desta trama”, en relación a Manuel Maceiras Hermida e a presunta fraude para beneficiarse de distintas axudas públicas para a realización de traballos forestais.

 

Desde a Fruga corroboran que o caso vai en aumento e seguen a aparecer “novos casos co mesmo sistema de ocultación e presunta manipulación de sinaturas e documentación”. Poñen como exemplo “a aparición de novas contas correntes abertas nunha das oficinas bancarias” xa en cuestión nos anteriores caasos denunciados.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí