Os alcaldes de Vimianzo e Zas apostan por Beiras e Aymerich

0
537

vilarebeiras

Rafa Villar (esq) lidera a lista do Movemento Galego ao Socialismo.

Máis Galiza e o Encontro Irmandiño uniron forzas para tentar situar a Xosé Manuel Beiras na portavocía e a Carlos Aymerich coma candidato a Xunta. Da bisbarra contan cos apoios , dentro da candidatura, de Manuel Antelo Pazos(41), alcalde de Vimianzo, e do rexedor de Zas, Manuel Muiño Espasandín(suplente).

 

A concelleira larachesa Mónica Castro Nogareda(50) tamén se suma a esta proposta política.Tamén figuran na candidatura, coma suplentes, o concelleiro de Obras de Carballo, Lois Lamas Álvarez, a dirixente de Galiza Nova, a vimiancesa Balbina Gándara Antelo, e a pontecesana Nieves Suárez Martínez.

 

A candidatura do Movemento Galego ao Socialismo está liderara polo escritor ceense Rafa Villar e conta co apoio do larachés Xosé Antón de la Fuente Subiela(7) e dos fisterráns Xoán Carlos Sar Oliveira(11) e Paulina Mouzo Fernández(12).

 

A asamblea nacionalista celébrase esta fin de semana.

 

Nota da Redacción– Na revisión destas candidaturas e como non se especifica a zona dos candidatos, cabe a posibilidade de que poidera quedar algún nome no tinteiro. Nese caso pregamos que nolo fagan saber ao correo contacto@anosacosta.es

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí