Mocións e actividade de IxVimianzo.
IxVimianzo presentou varias mocións. Dúas delas refírense o personal municipal. Unha destinada a consolidación de emprego no concello e outra relacionada coa elaboración dunha R.P.T.
Tamén piden que se tomen medidas para poder incrementar as ramas da ensinanza que se dan no Instituto Terra de Soneira. Ademáis solicitan que se manteña o servizo de transporte o Fisober Vimianzo e o Soneira B e denuncian que “se está reducindo as contribucións a estes equipos”.
Contratación secretaria da alcaldía
Independientes por Vimianzo informa que o contencioso administrativo presentado polas supostas irregularidades na contratación da secretaria do alcalde foi estimado.
“ É algo irregular, e levámolo pola vía contencioso administrativa, para evitar que os veciños teñamos que pagarlle o alcalde a súa secretaria, que nos costa 2.755 euros ao mes” aseguran.
Tamén comunican que están a espera de poder ver o expediente do Ximnasio, que califican de contratación “nefasta”.