Manuel Antelo defende a xestión no Ximnasio

0
527

DSC02525

Asegura que todo foi correcto e aínda se aforraron cartos.

O alcalde de Vimianzo quixo sair o paso das críticas que recibiu desde IxVimianzo sobre o que o seu voceiro Manuel Soto chegou a definir como o “Caso Ximnasio”, advertindo de posibles irregularidades.

 

Manuel Antelo indica que se prorrogou durante catro meses e medio, a continuidade dun servizo que xa fora contratado polo anterior alcalde, Alejandro Rodríguez, e que gracias a súa xestión incluso chegaron a aforrar 4.200 euros.

 

Foi unha decisión para “evitar pechar o ximnasio durante o verán mentres se estudaba o procedemento para licitar a xestión deste servizo”, que sairá a luz en vindeiras datas. “Ben puido facer o anterior alcalde unha contratación axeitada para a xestión do ximnasio e non atoparnos nós con este marrón. Se IxV necesita explicacións, que llas pida ao seu cabeza de lista, cuxa mala herdanza nos toca xestionar” di Manuel Antelo.

 

Antelo Pazos indica asemade que este contrato menor poido ser adxudicado directamente pero optouse por invitar a tres empresas, Viraxes, Gestafis e Vital Fitness. Cree que IxVimianzo está recorrendo a mentira e ao engano.

 

Ademáis aportan dous documentos de Gestafis e Vital Fitness, no que as empresas informan que o concello lles solicitou uns orzamentos para o servizo.O alcalde pídelle a IxV que abandone a política do “todo vale” pola política de “o importante é Vimianz e que as críticas que fagan sexan para axudar a gobernar, baseadas no rigor e na veracidade e non na mentira”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí