PSOE e PP discrepan polos soldos

0
529

camarinasplenopsoe

A polémica polos soldos chega a Camariñas, onde existen tres adicacións exclusivas e unha parcial.

 

OS SOCIALISTAS DEFENDEN O TRABALLO DO SEU GOBERNO

 

O PSOE de Camariñas reprocha desde a súa páxina web que os populares non se fixen en concellos coma Ponteceso onde cobran sete concelleiros, e acúsanos de sementar confusión.

Defenden o traballo dos seus edís, “que están a disposición as 24 horas do día” e inciden na diferencia entre salarios netos e brutos. Segundo o PSOE os salarios líquidos dos gobernantes son os seguintes:

Manuel Alonso de León- alcalde- 2130,51 euros mensuais

Sandra Insua- 1382,43 euros

Sergio Caamaño- 1382,43

María del Carmen Linares- 695 euros.

Xa desde La Voz de Galicia, o alcalde Alonso de León dixo que o mellor os populares, coa baixada de soldos prometida, pretenden “financiar o partido ou outras cousas”.

 

camarinasplenopp

 

OS POPULARES PROMETEN BAIXADA DE SOLDOS E CRITICAN A MALA XESTIÓN DO PSOE

 

Pola súa parte os populares, que respaldan a Daniel Rego como candidato, manteñen o seu compromiso electoral de reducir o soldo do alcalde nun 40% e de manter só unha adicación parcial para a tenente de alcalde, e critican a mala xestión económica do PSOE no concello, cunha débeda “que sobrepasa os tres millóns de euros”.

 

Estas medidas suporían un aforro duns 16 millóns das antigas pesetas, que se poderían investir en apoio o traballo de Protección Civil, a eventos como os da asociación contra o cancro ou o mantemento dos colexios.

 

Nunha nota de prensa asinada polo candidato Daniel Rego e polo secretario xeral, José Manuel Olveira, lamentan que o goberno non decida apretarse o cinturón, e aseguran que o PP ten un equipo preparado para gobernar con personas“que non ambicionan soldos nin componendas, como o partido socialista demostra a diario no Concello de Camariñas”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí