A Fagía de Carnés chega o Parlamento

0
642

calloscarnes

A Declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Fagía de Carnés chega o Parlamento de Galicia

 

 

 

O grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia vén de presentar unha proposición non de lei, para instar a Xunta de Galicia a que resolva positivamente a Declaración da Fagía de Carnés como Festa de Interese Turístico Galego. Os deputados populares respaldan así esta celebración, e optan pola vía de urxencia pola proximidade das festas de San Cristovo, onde se enmarca este centenario evento.

 

Na xustificación da proposición non de lei, desde o PP salientan tódolos aspectos destacados da Fagía e fan mención o amplo dossier remitido desde o concello, e en cuia elaboración participaron a Concellería de Cultura, A axencia de desenvolvemento local, e a Oficina de Turismo, que traballaron conxuntamente nun grupo de traballo coordinado por Borbujo Martínez.

 

 

 

“Para o PP foi un reto traballar por esta demanda con tódalas nosas forzas e un obxetivo que se aprobe esta declaración por parte da Xunta de Galicia e non desistiremos ata que así sexa” comentou Carmen Borbujo que destacou a colaboración desde o Concello de Vimianzo, desde a recén creada Oficina de Turismo, e tamén a “máxima sensibilidade” amosada polo PP a nivel galego.

 

Lembrou que destacados dirixentes coma Alfonso Rueda ou Carlos Negreira arrouparon coa súa presencia a Fagía. A súa promoción e difusión é unha das cuestións as que ven atendendo o grupo municipal.

 

“Vimianzo ten unha relevante importancia turística e cultural, e para mín esa é unha prioridade, e traballamos para sentar as bases do Vimianzo do futuro” sinalou a voceira local.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí