O BNG pide abaratar o prezo do solo empresarial

0
670

aymerichvimianzocuatr

O Polígono de Vimianzo volve a ser noticia. Desde o BNG reclaman que se cumpran os acordos parlamentarios para abaratar o custe das parcelas.

O portavoz parlamentario do BNG esixe que se cumpran os acordos que se acadaron na cámara autonómica para abaratar o custe do solo empresarial na Costa da Morte.

Carlos Aymerich rexistrou unha batería de iniciativas lembrando ao Goberno a proposición non de lei nacionalista aprobada no Parlamento en Novembro do pasado ano neste sentido e preguntando, en consecuencia, que medidas adoptou toda vez que “transcorridos cinco meses a situación segue a ser a que había”.Aymerich Cano reprocha os dirixentes do PP “que prometeran hai meses que o prezo se ía rebaixar a 35,5, euros m2”

Para Aymerich, tendo en conta, ademais, que os parques empresariais promovidos pola SEA na Costa da Morte (en concreto en Vimianzo, Malpica e Cee) fan parte daquel Plan Galicia articulado polo PP en resposta á catástrofe do Prestige, “estáse a comprobar que o que pretende este partido, máis que colaborar co desenvolvemento económico e empresarial da comarca, é facer negocio na mesma ou orientar a ubicación de empresas cara outras zonas de Galiza nas que so solo é bastante máis barato”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí