“O de Vimianzo vaise a resolver pronto”

0
600

Image

Marisol Soneira espera que a situación de Vimianzo se solucione pronto, e pediu perdón polo “espectáculo bochornoso” que se estaba dando neste pobo. Tamén criticou os seis meses de goberno do PP.

Image

A deputada e responsable comarcal do PSdG-PSOE quixo pedirlle “desculpas os veciños de Vimianzo e da comarca polo lamentable espectáculo que estamos dando nesa localidade, pola parte que me toca. O de Vimianzo é un espectáculo bochornoso”. Considera que o conflicto que existe “vaise a resolver pronto” e destacou que no Partido Socialista “temos mecanismo garantistas e todo m ilitante ten dereito a ser escoitado”.

ALEJANDRO PERDEU O NORTE

Sobre as críticas de Alejandro Rodríguez en distintos medios, Marisol Soneira dixo: “Eu tomo as cousas de quen veñen. Cando non teño algo positivo que dicir dalguén que xa non é compañeiro,l porque está suspendido de militancia, prefiero calar. Teño moito respeto pola trayectoria dunha persona que ata non hai moito representou con dignidade os intereses do PSOE en Vimianzo, pero fai un tempo que perdeu o norte”.

Seis meses de goberno do Partido Popular.

Soneira Tajes fixo un balance negativo dos meses de goberno Feijóo e aportou a seguinte reflexión que transcribimos: 

“Todo o que se fixo para a Costa da Morte foi negativo. Non se fixo nin unha proposta en negativo. Non sabemos que vai a pasar coa autovía de Carballo ou a estrada LaxePonte do Porto. Levamos seis meses onde  a Xunta só fixo anular proxectos e tamén a veces notouse unha persecución inmisericorde contra os mariñeiros, nalgúns casos por cuestións de detalle e de interpretación da letra da lei. O exemplo máis sangrante é o do Polígono Industrial de Vimianzo cubríndose de xestas e o lado unha Residencia cerrada e sen poñer en funcionamento”

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí