A comisión de festas que coordina Ramón Santos desde a Asociación A Cerca, xa está ultimando os preparativos para estas populares festas na honra de San Cristobo. Comenzarán o xoves, 9 de xullo, coa Festa dos Callos ou Fagía. A cita gastronómica arrastra a milleiros de personas cada ano. Non faltará a música coa orquestra Hiroshima e o grupo Atalaya.
Os festexos continuarán o día 10, día do patrón coa actuación de Atlanta e Suavecito. O terceiro día estará en Carnés-Vimianzo a orquestra H e Alcotán e o domingo será o turno de Odisea e Carrusel.
A corporación vimiancesa , a proposta do Partido Popular, aprobou volver a solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Fagía. Desde a asociación A Cerca preparan para estes días de celebracións unha exposición fotográfica.