O Banco de Tempo do concello de Vimianzo que dirixe Laura Castiñeira, segue coas súas actividades. Neste caso referímonos a un obradoiro de cociña que se está levando a cabo.
Reproducimos a nota de prensa remitida desde o concello de Vimianzo.
O pasado mércores 25 a tardiña, como de costume, tivo lugar unha nova xornada do Obradoiro de Cociña que está a levar a cabo o Concello de Vimianzo a partir do Banco de Tempo. Nesta xornada os pratos que se elaboraron e degustaron foron:
1º prato: bacallao o pil-pil
2º prato: paella
Postre: chulas con queixo
A pesares de ser mércores de cinza e moitos seguramente asistirían ó tradicional enterro da sardiña os participantes do obradoiro optaron por acudir a súa cita dos mércores coa axente de tempo.
Nesta xornada a axente de tempo lanzou o aire unha pregunta os participantes, se tiñan algunha idea para, ó remate deste obradoiro, comezar con outros de similares características e metodoloxía. E a resposta foi moi positiva xa que xurdiron bastantes ideas e entre os mesmos participantes pode darse a posibilidade dalgún intercambio individual.
En resumo, é unha gran satisfacción poder afirmar que tódolos obxectivos que inicialmente se plantexaron estanse cumprindo pouco a pouco. E dende o equipo de xestión do Banco de Tempo do Concello de Vimianzo esperamos que este aspecto continúe en tódalas actividades que se leven a cabo e que o número de usuarios e usuarias vai medrando pouco a pouco.