Tal é como adiantaba en rigurosa primicia informativa esta web, Alejandro Rodríguez salía reelixido como secretario xeral do PSOE vimiancés e gañaba o pulso políticoque viña mantendo cun sector que impulsaba unha renovación no liderazgo do PSOE local. Hoxe conversaba con Anosacosta.
Aínda que fuxe de triunfalismos, Alejandro Rodríguez Lema é un home feliz. Foi reelixido coma secretario xeral do PSOE de Vimianzo nun momento complexo e no que había unha alternativa encabezada por José Manuel Lema Senra, e apoiada por Nieves Lema Vilariño.
" Foi unha asamblea democrática con voto secreto e sagrado e onde dupliquei en votos o outro candidato. E algo bonito ter este respaldo".
O veterano rexedor socialista non oculta que se xogaba moito neste proceso
"Se me rexeitaran quedaríame ou irme para casa ou marcharme departido"
Un dos obxetivos desta nova etapa na dirección do PSOE é aumentar a afilicación porque "Hai xente esperando para afiliarse e virán todos para o partido". Alejandro Rodríguez afirma que non se pode despistar e " hai que darlle para adiante porque xa logo veñen as próximas eleccións". Destaca que nos comicios internos "non houbo nin vencedores nin vencidos", pero tamén recoñece que "trataron de arrinconarme para que dimitirá. Ese era o fin deles,pero saliu todo ben".