A concelleira Nieves Lema salienta a continuidade da Mostra de Artesanía no castelo
As actividades comezarán o sábado día 15 coa Ruta de Sendeirismo que partirá as 10:00 da Praza do Concello e discurrirá por Pasarela, Torre da Moa, Viqueira, Vao da Lama, O Foxo, Pasarela e Vimianzo (20 km).O 19 comezará a Mostra de Artesanía en vivo no castelo. Esta actividade consiste en que os artesáns elaboren os seus produtos. As artesanías presentes nesta edición son: palilleiras de Camariñas, Vimianzo e Muxía, canteiría, zoqueiría, cesteiría, oleiría, sombreireiría, liño, coiro, maquetismo e acibecharía.O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Do 19 ao 23 de marzo o concello estará presente na XVIII Mostra do Encaixe de Camariñas.
Os días 20, 21, 22 e 23 de marzo as 17:00 no castelo medieval da localidade haberá unha demostración en vivo do alumnado da escola infantil de palillo.
O punto de información turística estará no castelo de Vimianzo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.Os aficionados e aficiconadas a lectura poderán recoller ou deixar libros na Zona de Cruzamento Oficial do Proxecto Bookcrossing do Castelo de Vimianzo