O grupo municipal do Partido Popular de Vimianzo anunciou a presentación dunha solicitude no rexistro municipal, para que se leve a cabo a debida execución do proxecto de mellora da fonte de Santa Cruz de Serramo. A portavoz municipal, Carmen Borbujo, visitou a zona e comprobou o mal estado no que se encontra a zona da fonte, detectando que alí se iniciou unha obra que non corresponde ó proxecto inicial, "creándose una situación perjudicial para los vecinos que el gobierno debe subsanar". Polo tanto Borbujo pide que se executen as melloras necesarias con carácter urxente, antes de que poidan empeorar a climatoloxía coa choivas ou incluso algunha riada, que afectará especialmente a este entorno "muy deteriorado y que necesita una actuación urgente". Borbujo asegura que existe un importante malestar na parroquia e desde o PP emprazan o goberno a dar resposta a esta demanda.