O CONCELLO DE VIMIANZO ORGANIZA ACTIVIDADES DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO

0
672

O proxecto “Vimianzo polo cooperativismo” ten como obxectivo fomentar o cooperativismo de primeiro e segundo grao nos ámbitos agrario e artesán.  Para iso, vanse organizar nos meses de outubro e novembro as seguintes actividades:

– Xornada de cooperativismo. Ten por obxecto traer a Vimianzo representantes de cooperativas e membros delas para que expliquen as súas experiencias.

– Curso de horticultura e cooperativismo. É un curso para introducir ás persoas interesadas nas técnicas da horticultura e na comercialización dos productos a través das cooperativas. Este curso incluirá unha viaxe didáctica.

– Obradoiro de creación de cooperativas. As persoas que o desexen e en especial as que teñan participado nas actividades anteriores, poderán achegarse ao funcionamento das cooperativas, os trámites para a súa constitución, o seu funcionamento e todas as peculiaridades deste tipo de empresa.

 O Concello de Vimianzo centra este proxecto de promoción do cooperativismo nos sectores agrario e artesán. Con isto, quere explorar unha nova vía para a explotación das terras agrícolas, abundantes no municipio, e que están quedando ociosas. A escasa rendibilidade das pequenas granxas provocou nos últimos anos que a poboación buscase outras fontes de renda para as familias, noutros sectores económicos e, na maioría dos casos, fora do noso territorio. Este desarraigamento laboral conduce á diminución de habitantes no rural, contra a que loitan as distintas administracións públicas.

Por outra banda, as grandes cooperativas de comercialización de productos da horta necesitan máis productores para facer fronte aos seus pedidos, e o sector da horticultura enfróntase a novos retos relacionados coa calidade dos alimentos, por exemplo, o dos productos ecolóxicos.

O Plan Estratéxico de Cooperativas contempla estas áreas de traballo e o proxecto “Vimianzo polo cooperativismo” incide en varias das súas liñas de actuación.

INSCRICIÓNS:  As persoas interesadas poden anotarse nas accións que sexan da súa interese. Para elo, deberán contactar co Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, no teléfono 981.716001 Ext. 220.

As datas definitivas de cada acción quedarán determinadas en breve.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí