O Partido Popular de Vimianzo presentou hoxe no rexistro municipal, unha moción na que solicita que se aprobe "bautizar" unha rúa da capital municipal co nome do vimiancés Carmelo Juan Pérez Rodríguez, persoeiro que o vindeiro 28 de outubro será beatificado en Roma, xunto con varios centos de mártires pola fe.
Precisamente Carmelo Juan foi asasiñado en Madrid no fragor da Guerra Civil, simplemente polas súas crenzas relixiosas. A portavoz popular, Carmen Borbujo Martínez considera a beatificación "un feito histórico" e quere que este recoñecemento sirva para impulsar a memoria do párroco, e está convencida de que a súa proposta contará co apoio dos demáis grupos políticos. Borbujo quere lembrar que en febreiro do 2.008 terá lugar o centenario do nacemento de Carmelo Juan e que a figura do salesiano "é un exemplo a seguir para valorar a importancia da liberdade de expresión e da tolerancia.