O PP de Cee comprométese a creación dunha Residencia de Maiores

0
1223

O Partido Popular asrgura que a demanda dunha Residencia de Maiores “ só será unha realidade a través do Partido Popular encabezado por Jesús Picallo”.

“Se non coidamos dos nosos veciños e veciñas non hai futuro para Cee. É incomprensible que non haxa unha residencia de maiores que oferte servizos e coidados óptimos para os nosos pais e avós; para todas aquelas persoas de idade avanzada que desafortunadamente se atopan soas ou non contan con axuda e recursos para vivir de xeito máis independente” sinalou o candidato dos populares.

Precisamente este proxecto está incluído no programa electoral do PP de Cee. Desde o Partido Popular sinalan que esta residencia non só repercutiría no beneficio dos usuarios, senón tamén dos seus familiares ou persoas que se facían cargo dos mesmos ao darlles a oportunidade de poder conciliar.

Informan que o concello de Cee pediu unha axuda á Xunta de 101.660 euros para a reforma do centro social da terceira idade “o que supón o 100% do custo do proxecto, e que aínda non foi resolto”.

Neste senso Jesús Picallo critica a xestión do goberno local socialista:“Isto é unha mostra máis da nula xestión por parte do PSOE en Cee. Margot Lamela leva catro anos sen mover un dedo nin pola xuventude de Cee nin polos seus maiores, e estamos seguros de que continuará neste camiño porque o único ao que aspira é a estar no poder”, sentencia Picallo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí