O Centro BTT da Costa da Morte terá 630 quilómetros

0
878

Conectará aos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

 

O responsable da área de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña Xosé Regueira tamén se reuniu con representantes dos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Por este municipios transcorre o proxecto Centro BTT Costa da Morte, de 630 quilómetros.

 

A Deputación destina 181.000 euros para esta senda BTT. Os municipios inician agora un período de estudo e análise das condicións establecidas no convenio elaborado pola Axencia de Turismo Xunta da Galicia e a Deputación da Coruña, para a afrontar a execución, acondicionamento e sinalización do proxecto.

 

 

 

Xosé Regueira:»É preciso o compromiso firme dos concellos»

 

“É preciso o compromiso firme de todos os concellos que forman parte deste proxecto”, pois unha vez que o convenio marco sexa asinado, a Xunta de Galicia revisará e avaliará a homologación da cada un dos quilómetros que conforman o percorrido, unha coxuntura, incidiu, “que determinará semestralmente que o proxecto siga adiante” manifestou Regueira.

 

Segundo explica a Deputación “un Centro BTT é un produto turístico destinado a promoción da práctica da bicicleta de montaña, contando así mesmo, con centros de recepción e información onde se ofrecen diferentes servizos vencellados a esta práctica deportiva. Ademais, formarán parte do Centro BTT un conxunto de rutas convenientemente sinalizadas e acondicionadas para a práctica do BTT”.