Cesión dun local para a Cruz Vermella en Cee

0
820

Ramón Vigo e Mercedes Casanova asinaron o acordo.

 

O alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade e a presidenta provincial da Cruz Vermella, Mercedes Casanova, formalizaron o convenio de cesión da planta baixa da casa consistorial por un período de vinte anos máis cinco prorrogables.

 

Cee, centro de servizos

 

Segundo Casanova, a Cruz Vermella desenvolverá funcións auxiliares “para facer máis fácil a vida das persoas”.

 

Para Ramón Vigo supón un achegamento da entidade á Costa da Morte e lembrou que Cee “funciona como centro de servizos”. Ambos valoraron que se puidese concretar este acordo.