Iago Toba:”Sempre priorizamos Muxía”

0
689

En Muxía, encheuse o Pazo Virxe da Barca para a presentación dun Iago Toba que repite como candidato e quere volver a conseguir unha maioría absoluta despois dunha lexislatura complicada.

“Xa demostramos nos momentos máis difíciles destes catros anos que sabemos estar ao lado da xente e que a pesar dos transfuguismos e dunha oposición destrutiva, sempre actuamos e pensamos en positivo, buscando o ben común e priorizando sempre unha cousa, Muxía” manifestou Iago Toba.

O candidato e mandatario muxián estivo acompañado na tribuna polo secretario Xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e polo secretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro. Tamén por alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí