Catro persoas feridas nun accidente entre dous coches en Berdeogas

0
1587


En Berdeogas, no concello de Dumbría, catro persoas precisaron ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia despois de ter lugar unha colisión entre dous turismos na AC-552, concretamente no punto quilométrico 78.

O suceso ocorreu preto das 11:55 horas. Nese momento, unha persoa particular daba conta do accidente ao 112 Galicia e Indicaba no seu relato que as persoas implicadas no sinistro puideran saír dos vehículos polo seu propio pé.

A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, ao servizo de mantemento da estrada e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría.

Fonte – AXEGA 112 – FOTO- Bombeiros Costa da Morte