Un «Mar de Grazas» de Solpor

0
4688

A asociación “Solpor”, formada por 140 empresarios vinculados a prolongación xacobea a Fisterra e Muxía, prepara un evento denominado “Mar de Grazas”, co que pretende facer “unha homenaxe a cidade de Santiago e a os recomendadores e embaixadores deste destino”.

Pero tamén amosar os recursos dos concellos por onde pasa esta ruta.”Un Mar de Grazas” desenvolverase, en formato workshop, o Salón Real e na Capela do Hostal dos Reis Católicos. Será o vindeiro 25 de outubro.

Programa O teu Xacobeo

Haberá unha degustación de produtos da Costa da Morte, sorteo de estancias e unha actuación musical.A actividade forma parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

“Quen veña a Un MAR de GRAZAS atoparase co sector turístico e hostaleiro de calidade do noso camiño. Para nós, a ruta é a fonte de creación de emprego e revitalización máis importante dos nosos lugares; e vinculados a el levan aparecido todo tipo de negocios e actividades” declarou o presidente de Solpor, Jesús Picallo.