O BNG pide medidas de limpeza e sinalización na rúa da Armada

0
905

Aseguran que existe preocupación veciñal polo estado da rúa ceense.

 

O portavoz do BNG no concello de Cee, Serxio Domínguez Louro, solicita ao goberno local a limpeza “en condicións” da rúa da Armada, xa que segundo os nacionalistas “existe unha forte preocupación da veciñanza polo estado da mesma”.

 

Perigo para os usuarios

 

“Debido a pendente nomeada, e tendo en conta a enorme cantidade de verdiño no piso, nos días de choiva e xeada faise difícil e perigoso andar a pé por ela. Xa se teñen dado casos de caídas por escorregar” sinalan desde o BNG que tamén lle pide ao goberno local de IxCee que se sinalice esta rúa sen saída “para evitar o paso de vehículos que non sexan os dos propios veciños ou de servizos aos mesmos”.