Veciños de Lires piden o acondicionamento da contorna da ría.
Unha representación dos veciños de Lires, no concello de Cee, presentou unha solicitude para que o concello aproveite os fondos europeos que xestiona o GALP Costa Sostible e promova o acondicionamento da contorna da ría de Lires.
A petición, avalada por preto de duascentas sinaturas, foi trasladada ao alcalde de Cee, Ramón Vigo, co que os representantes veciñais mantiveron unha xuntanza.
Que piden os veciños de Lires?
1- Acondicionamento da contorna da ría de Lires mediante un proxecto que poña en valor o lugar e a ría.
2- Consideración da zona común situada ao lado da ponte da ría Lires, debaixo da área de recreo que está fronte a igrexa, como o lugar idóneo para isto. Podendo aproveitarse para mellorar a canalización do río, recuperación do camiño sacramental primitivo e devolvendo á antiga pontella o seu uso orixinal para cruzar a ría, restaurar os lavaderos, e mesmo crear zonas de descanso con bancos, e zonas de xogo e baño para nenos aproveitando a auga do río.
3- Inclusión nesta zona, dun xeito totalmente integrado, dun parque infantil, xa que a día de hoxe Lires é a única parroquia do Concello de Cee que non dispón do mesmo. E como razón de peso, consideramos que se debe ter en conta o número significativo de nenos que actualmente hai na parroquia.
4- Aproveitando esta ocasión, e dada a ubicación que plantexamos, consideramos que este é o momento idóneo para SOLICITAR que o Concello de Cee elabore un proxecto de acondicionamento desta zona para presentalo ante a directiva do GALP Costa Sostible na categoría de Proxectos Non Produtivos, có obxectivo de obter unha subvención para o mesmo. Estas subvencións, no caso dun proxecto non produtivo coma este, poden alcanzar ata un 100% custe de execución.