O Bloque Nacionalista Galego exporá varias preguntas no Parlamento de Galicia sobre a carga perdida do porta contedores de bandeira liberiana MSC Eloane.
Os nacionalistas queren que o goberno autonómico explique cal foi a súa resposta ante a chegada de “ numerosos produtos e substancias” tales como tinta de impresora, leite en po, tabaco, cítricos, etc.. e se se activou en plan de continxencias fronte a verteduras accidentais.
Responsabilidades polo vertido do MSC Eloane
Tamén queren saber se a vertedura supuxo algún risco para as persoas ou para o medio ambiente. Segundo explica nun comunicado o responsable comarcal, Serxio Domínguez, o BNG instará á Xunta a que interceda ante a aseguradora do barco ou ante a naviera para que asuman as responsabilidades que se puidesen ocasionar.
Insisten na necesidade de que o porto de Brens, en Cee, conte cunha base de resposta fronte á contaminación mariña. O BNG deixa constancia de que foron grupos de voluntarios, os que recolleron esas substancias e que a Xunta “tardou varios días máis en dispoñer de medios para proceder á retirada e control dous mesmos”.