Sobre Ferroatlántica a Xunta seguirá ao pé da letra a lei

0
814
O conselleiro de Econom’a, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirase cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatl‡ntica de Cee e Dumbr’a.

Francisco Conde pide non precipitarse e asegura que a Xunta non mudou de posicionamento con respecto a Ferroatlántica.

 

 

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladoulles hoxe aos representantes dos traballadores de Ferroatlántica en Cee e Dumbría que a Xunta seguirá garantindo o cumprimento estrito da lei, e polo tanto, que a prioridade do Goberno galego será cumprir en todo momento as condicións que fixa a lexislación e salvagardar o interese público da concesión.

 

No encontro co comité de empresa, Conde apuntou que nestes momentos os servizos técnicos e xurídicos da Administración autonómica están avaliando polo miúdo a documentación presentada pola compañía, sinalando que se tramitará con rigor e seriedade, como marca o procedemento administrativo.

 

 

 

O conselleiro asegura que entende a inquietude dos traballadores de Ferroatlántica

 

 

Tal e como sinalou o conselleiro, “o Goberno comprende perfectamente a inquietude dos traballadores pero entende que a forma de dar resposta e de dar confianza aos propios traballadores é non precipitarse, estudar a documentación e ser garantista e transparente en todo o procedemento”.

 

O responsable de Economía, Emprego e Industria engadiu que se está a tramitar a petición feita polo comité para que poida ter acceso á solicitude presentada pola empresa. Do mesmo xeito, indicou que a decisión que finalmente se adopte será en base a argumentos técnicos e xurídicos, seguindo ao pé da letra o que marca a lexislación.

 

Conde fixo especial fincapé no compromiso que está a amosar a Xunta desde o primeiro momento para, a través da máxima transparencia e o diálogo permanente cos alcaldes da comarca e cos traballadores, traballar a prol do mantemento desta actividade industrial.

 

 

Fonte- Nota Consellería de Economía, Emprego e Industria

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí