O BNG pide a dimisión do alcalde corcubionés pola Operación Orquesta

0
604
Óscar Insua asegura que no PSOE da comarca “non se sabe con quen hai que falar”.

 
Este vindeiro xoves (20,00h) Corcubión celebra unha sesión extraordinaria na que o grupo promotor da mesma, o BNG, propón un acordo que inste ao alcalde socialista Francisco Lema Fuentes a dimitir, pola súa imputación na Operación Orquesta.
 
Pero hoxe, o voceiro local dos nacionalistas, Óscar Insua falaba no programa “Na Encrucillada”(107.5 FM Radio Obradoiro) e salientaba que era a primeira vez que se celebraba un pleno destas características no historia de Corcubión “pedindo a dimisión dun alcalde”.
 
“Os nosos cargos cando están imputados dimiten e nós instamos ao alcalde a que tamén dimita e que cumpra coa súa palabra” asegurou Insua que pensa que agora xa hai conclusións dunha instrucción e que coa súa continuidade no poder, Lema Fuentes está contribuindo a unha mala imaxe para o concello.
 
Con respecto a imputación do socialista corcubionés José Antonio Louro na Operación Forest, o voceiro do BNG dixo que neste tema “e ata que non haxa conclusións queremos ser cautos” e aparte de amosarse “sorprendido” limitouse a comentar que “x atemos dous imputados”.
Na mesma entrevista, Óscar Insua quixo comenta-las declaracións de Marisol Soneira “Na Encrucillada” manifestado que “Non é por falta de cousas pero nós nunca xudicializamos a vida política. A señora Soneira non ten nin idea e está desinformada”.
 
Neste senso, pediulle a Soneira Tajes que se adicara a arranxa-los problemas internos dos socialistas na Costa da Morte:“Temos un PSOE bastante revolto e na comarca non sabes con que tes que falar. Aquí todo o mundo se leva bastante mal”.Puxo como exemplo unhas palabras de Manuel Alonso de León (Presidente de Neria e alcalde de Camariñas) contra outro cargo do PSOE en Corcubión, concretamente a número cinco dos socialistas neste concello que traballa na entidade supracomarcal.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí