Os edís de Cee serán expulsados despois da moción de censura

0
482

DSC_0058

Poderán elixir a Zaira Rodríguez como membros do BNG.

O BNG expulsará aos tres concelleiros nacionalistas de Cee. Pero iso sí, despois de que elixan como alcaldesa a edila popular, Zaira Rodríguez Pérez.

 

Será a primeira alcaldesa de Cee. Na actualidade, é deputada provincial e encárgase de varias responsabilidades no organismo provincial, entre elas o apartado de Normalización Lingüística. No mes de outubro de 2011 o colectivo Prolíngua pedira a súa demisión por unhas declaracións sobre o idioma galego.

 

https://www.anosacosta.es/fisterra/el_gallego_lo_hablo_a_veces_7

 

O Bloque remitiu aos medios unha moi breve nota de prensa que reproducimos na súa integridade:

 

 

A EXECUTIVA NACIONAL ACORDA A EXPULSIÓN DOS CONCELLEIROS DE CEE DE SE FACER EFECTIVA A MOCIÓN DE CENSURA

Santiago de Compostela, 27 Febreiro 2012. A Executiva Nacional do BNG, na súa reunión desta tarde, ratificouse no seu criterio contrario á moción de censura en Cee.

Congruentemente con esta posición, o órgao de dirección da formación nacionalista acordou a expulsión dos concelleiros de se facer efectiva a moción de censura.

 

 

Séguenos en twitter @anosacosta

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí