O vindeiro xoves as 12,00 debatiráse a moción de censura.
O pleno da moción de censura de Cee está oficialmente convocado para o xoves 1 de marzo as 12,00h. Será no polideportivo local.
A executiva nacional do BNG instou os seus concelleiros a que retiraran a moción presentada, pero os días pasan e non semella que os concelleiros vaian a ser expulsados antes do pleno, o que podería ser a única carambola que permitiría a Ramón Vigo continuar na alcaldía. Un alcalde independente que cree que prosperará a moción e xa se prepara para liderar a oposición.
Segundo Europa Press os dirixentes do Bloque decidirán as medidas a tomar o vindeiro luns e mediante votación. Así as cousas, todo indica que non haberá alteración do procedemento. Antes, poderían escoitar as explicacións dos concelleiros ceenses.
O voceiro do BNG en Cee, pensa seguir adiante malia as advertencias da dirección nacional. Para Dani Oca, de Vigo Sambade «un non se pode fiar». En declaracións a El País o edil nacionalista di que Vigo «é alguén que considera o partido como fin en si mesmo, unha especie de mafia,». Teñen o apoio do consello comarcal da Costa da Morte, dirixido por Modesto Fraga.
Aínda que non son imprescindibles, a única edila socialista foi invitada a participar no novo goberno. O PSOE da Costa dá Morte rexeitou o apoio á moción aínda que Amancia Trillo Lago aínda non se pronunciou.