Varela inaugurou un novo albergue en Dumbría

0
573

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, inaugurar?? o albergue de Dumbr?­a que entrar?? en servizo no Cami?±o Fisterra-Mux?­a. Ao acto de inauguraci?³n asistir??n, as?­ mesmo, o alcalde de Dumbr?­a, Jos?© Manuel Peque?±o Castro, e o director de comunicaci?³n de Inditex, Jes??s Etchevarr?­a

O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela inaugurou o albergue do Conco.

O concello de Dumbría xa conta con dosu albergues para pelegríns. O primeiro funciona en Olveiroa, e o segundo foi inaugurado na capital municipal polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, que estivo acompañado no acto polo responsable de comunicación de Inditex, Jesús Etchevarría, pola deputada popular Marisol Piñeiro e polo alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, inaugurar?? o albergue de Dumbr?­a que entrar?? en servizo no Cami?±o Fisterra-Mux?­a. Ao acto de inauguraci?³n asistir??n, as?­ mesmo, o alcalde de Dumbr?­a, Jos?© Manuel Peque?±o Castro, e o director de comunicaci?³n de Inditex, Jes??s Etchevarr?­a

O albergue ubicado na zona do Conco contou cun investimento de preto de 856.000 euros, financiados polo goberno autonómico co apoio de Inditex.o inmoble ocupa unha parcela de 5.000 metros cadrados e consta de tres volumes con diferente xeometría e cor (soto, baixa e planta cubertas). A superficie total construída por cada unha das tres plantas é de 582 metros cadrados nas que se inclúen, ademais dos cuartos destinados aos peregrinos, os aseos, un espazo de usos múltiples, cociña e comedor. As novas instalacións para peregrinos de Dumbría están situadas en paralelo ao pavillón deportivo do Concello e ao carón do Camiño de Santiago cunha ampla zona axardinada.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí