A Plataforma da Costa da Morte esixe a Xunta prazos concretos de contratación da autovía. Senón poderían mobilizarse.
A Plataforma de desenvolvemento da Costa da Morte reunise este pasado luns en Cee para abordar varios temas de interese comarcal. Vinte colectivos empresariais, coordinados por Neria e Fecom asistiron a xuntanza, e aínda que se explicaron as xestións mantidas con respecto a legalización de naves industriais, e polo abaratamento do solo, e se falou da comunicación con Compostela, o tema estrela foi a autovía da Costa da Morte.
“Preocupáronnos moitísimo as declaracións do conselleiro que indica que estaban valorando a posibilidade de aprazar a contratación da autovía” comentou en Radio Líder Xan García Pouso, secretario de Neria e un dos portavoces desta plataforma.
Segundo García “Non podemos tolerar un novo retraso” e por este motivo van a invitar os políticos e técnicos da Xunta a que “veñan a Fisterra un luns as oito da mañán e que vaian ata Coruña e miren o tempo que lle leva”. Piden ademáis unha entrevista urxente co conselleiro Agustín Hernández porque agora “non valen as palabras nin as palmadiñas na espalda. Queremos datas concretas de contratación”.
Desde a Plataforma expresaron a súa clara vontade de “non entrar en batallas entre partidos”. O seu obxetivo “ e que se faga a autovía, pero non podemos esperar máis”. Un novo retraso no proceso sería “unha agresión a Costa da Morte”.
Xan García Pouso lembra que “foi un compromiso do PP e do Presidente da Xunta” e agarda un compromiso claro e firme en canto a prazos. Polo contrario “e aínda que non somos pancartistas”, recurrirán a mobilización social.