“ A Costa da Morte necesita grandes solucións”

0
398

xangarciapouso

Máis de vinte colectivos forman a Plataforma polo desenvolvemento da Costa da Morte. Un dos promotores é Xan García Pouso(na foto).

 

A plataforma para o desenvolvemento da Costa da Morte consituise nunha asamblea celebrada este martes nas Torres do Allo. Un dos seus impulsores é o secretario de Neria, Xan García que comenta que o obxetivo é “Xuntarnos para traballar pola Costa da Morte que ten graves e grandes carencia e necesita grandes solucións”.

 

Os Parques empresariais e as vías de comunicación son algúns dos asuntos prioritarios que demandará esta entidade pero xa avisan que “nacemos coa vontade de permanecer no tempo”.

 

“Algún está algo nervioso porque ten medo que se lle mova a silla e que non saia na foto. Pero que non se preocupen que imos traballar e o que queira sair na foto, vai ter a oportunidade de ser protagonista e de traballar” manifesta Xan García Pouso.

 

O secretario de Neria (que xunto con Fecom promoviu a iniciativa) quere deixar claro que están ó marxe da confrontación política: “Hai que superar o tema partidista. A plataforma nace da independencia máis absoluta e non somos ningún instrumento nin a favor nin en contra de ningún partido político”.

 

Afirman que non teñen vencellos políticos pero Xan García lanza unha advertencia de que non serán un colectivo mudo:“Aquelas organizacións políticas ou administracións que aposten pola Costa da Morte, imos a agradecelo e os que pasen de nós, non nos doeran prendas en poñelos a caldo

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí