O PSOE critica a política educativa da Xunta

0
627
PSOE en Fisterra

PSOE en Fisterra

O voceiro de educación do PSdG-PSOE, Guillermo Meijón  participou nunha charla en Fisterra, onde criticou as políticas levadas a cabo nesta materia pola Xunta de Galicia, neste primeiro ano de goberno do Partido Popular.

 

Meijón estivo acompañado polo secretario provincial de educación do PSOE, Antonio Álvarez, e pola coordinadora comarcal, Nieves Lema Vilariño.

O portavoz de educación do PSOE no Parlamento, pensa que este foi un ano perdido, “no que se perdeu o dereito da gratuidade de texto consolidado polo goberno anterior cun socialista o fronte”.

Esa retirada dun dereito recoñecido e universal  supuxo para a Costa da Morte  que ningunha familia de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Vimianzo  e Zas percibiu a máxima axuda para libros de texto. Segundo o PSOE, foron moitos os alumnos da Costa da Morte que quedaron  completamente excluídos das axudas  e que antes ningunha familia tiña por qué pagar un euro polos libros de texto.

Tamén se referiron o decreto do galego co que “certificaron a ruptura do consenso social respecto da lingua, crearon un conflito cidadán onde non existía”. E aseguran que o goberno Feijóo está apoiando os colexios privados e concertados en detrimento dos públicos.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí