Félix Porto declara este mércores.

0
579

Image

O alcalde socialista de Muxía, Félix Porto Serantes, declarará este mércores no xulgado de Corcubión, en relación coas denuncias do PP sobre a presunta trama da axente electoral, María Isabel Blanco Rodríguez. Desde o PSOE, Marisol Soneira denominou ós populares coma "partido dos picapleitos", e acusounos de ter "ansiedade institucional".

Félix Porto Serantes prestará declaración este mércores, as 11,30 h, nos xulgados de Corcubión, en calidade de imputado, froito dunha denuncia do Partido Popular que asegura chegou o momento para que o alcalde socialista de Muxía teña " que explicar ao xuíz cal é o seu papel neste asunto, porque foi o maior beneficiado das prácticas descubertas e protagonizadas por altos cargos da Xunta e que poden ser constitutivas de delito". Os populares inclúen nesta presunta trama ó Conselleiro de Traballo e secretario de organización do PSOE, Ricardo Varela e o secretario xeral de emigración, Manuel Luís Rodríguez. Insisten en que María Isabel Blanco fue contratada por la Consellería de Traballo "con diñeiro público para traballar na campaña de Porto á alcaldía de Muxía e desde Arxentina". E tamén desde esta organización responsabilizan a Porto Serantes de confeccionar "unha complicada operación a través de sociedades paralelas vinculadas ao sindicato Unións Agrarias".

Marisol Soneira afirma que o PP ten "ansiedade institucional"

A secretaria de Emigración e deputada autonómica socialista Marisol Soneira Tajes, definiu o PP coma un "partido de picapleitos" , que "ante a súa evidente falta de liderado político o PPdeG quere gañar nos xulgados o que non logra nas eleccións". Para Soneira os populares aínda non se recuperaron da perda de poder no concello de Muxía: "O que sucede é que con Muxía o PP padece de ansiedade institucional. Para eles foi un símbolo, perdérono e non saben cando o van recuperar". "Ante a súa total falta de credibilidade o PPdeG quere lograr nos  xulgados o que non é quen de amosar nas comisións parlamentarias" manifestou a política camariñana. A comparecencia de Félix Porto estaba prevista para o pasado 6 de agosto, pero non se levou a cabo por un defecto de forma. Este caso xa motivou a celebración dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí