O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de admitir o recurso presentado polos veciños de Merexo contra o Plan Galego de Acuicultura da Xunta de Galicia que pretende executar unha desorbitada ampliación nesta localidade muxiana. O recurso contencioso- administrativo contra a respostas as alegacións e o propio caso están nas mans da xustiza. A satisfacción no pobo é moi grande.
Desde a Plataforma Merexo Non se Vende non ocultan a súa satisfacción por este paso dado:"O noso caso xunto co recurso contencioso administrartivo,presentado con motivo da resposta dada pola conselleria de Pesca as nosas alegacións ,foi admitido a trámite polo Tribunal Superior de Galicia,para a sua resolución por via Xudicial".
"Por que está mais que demostrado que temos razón,que temos corazón e que temos dignidade,e con todo isto a xusticia non pode ser inxusta co noso pobo,un pobo que o Único que pretende e sobrevivir e non ser condenado a sua morte,se os nosos gobernantes insisten en levar adiante esta desfeita no pobo de Merexo", afirman desde esta localidade que segue resistindo e hoxe disfruta dunha boa nova.