IDEAS PARA CONSTRUIR UN PARADOR

0
557

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes convocou o concurso de ideas para a construción do futuro parador de turismo de Muxía, mediante a selección dun anteproxecto do novo edificio. O  concurso de ideas do parador de turismo é un paso previo e necesario para facer realidade unha obra que contribuirá a revitalizar o turismo na Costa da Morte ao ofertar instalacións hoteleiras de alta calidade nunha zona onde existe déficit deste tipo de servizos.

 A convocatoria do concurso para o proxecto do parador de Turismo quedou plasmada nun protocolo de colaboración asinado entre as Consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e de Innovación e Industria, co fin de asegurar o papel estratéxico que representa o turismo para o conxunto de Galicia e, moi especialmente, para a Costa da Morte. Ambas Consellerías financiarán a partes iguais o custe deste concurso de ideas, mentres que o Instituto de Turismo de España (Turespaña) será o encargado de promover as obras en base ao proxecto que saia elixido no concurso. A Xunta de Galicia destina un total de 180.000 euros en premios para este concurso de ideas de xeito que o autor do anteproxecto gañador, ademais de ser o encargado de elaborar o proxecto definitivo (por un importe de 400.000 euros) recibirá un premio de 90.000 euros. Outorgaranse tamén premios de 60.000 euros ao segundo clasificado e de 30.000 euros ao terceiro.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí