Gonzalo Caballero:”Feijóo desprezou á Costa da Morte”

0
1666
Gonzalo Caballero


Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero destacou o papel dos alcaldes e alcaldesas socialistas na zona e amosou o seu “clarísimo compromiso coa Costa da Morte”.


Abandono da Costa da Morte


Criticou a xestión do PP que “tivo moi abandonada” a esta comarca:”Feijóo desprezou á Costa da Morte. Olvidouse dos seus concellos, dos problemas da sanidade, das infraestruturas, do transporte colectivo e das comunicacións”.


Expresou a súa vontade de dar solucións a este territorio desde un goberno progresista liderado polo PsdeG na Xunta de Galicia. Tamén negou que se pretenda modificar a Lei de Costas: “Hai unha campaña de intoxicación do Partido Popular, de mentiras burdas e enganos”