Novo comedor escolar no CEIP Milladoiro de Malpica

0
1241

A Xunta inviste 24.000 euros nas melloras.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Milladoiro de Malpica, no que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de investir algo máis de 24.000 euros na transformación da antiga vivenda do conserxe nun comedor escolar para dar servizo aos alumnos.

 

O delegado territorial estivo acompañado na súa visita polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e pola directora do centro, María Olga Rodríguez. As obras executadas consistiron na demolición de tabiques interiores, colocación de pavimento novo, pintura, colocación de falso teito, arranxo de iluminación e instalación eléctrica, adaptación de zona de cátering, mobiliario de cociña e zona de lava mans.

 

O CEIP Milladoiro conta con 176 alumnos entre infantil e primaria.