O concello da Laracha pide a Correos que se cubran todas as prazas de carteiro

0
479

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, solicitou formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que na Laracha se cubran a totalidade das nove prazas de carteiros para realizar o reparto no termo municipal.

Esta solicitude preséntase ao recibir reclamacións da veciñanza referidas á perda de calidade do servizo, dado que tanto a correspondencia como a paquetería se están a entregar con retrasos. Esta circunstancia é especialmente grave cando se trata do envío de notificacións oficiais e de citas médicas polas consecuencias que pode supoñer para os seus destinatarios.

A oficina técnica de Correos da Laracha conta con nove seccións, que por norma xeral son cubertas unicamente por catro ou cinco carteiros. A non cobertura desde hai máis de un ano da praza correspondente á sección urbana da Laracha pon de manifesto a importancia deste problema.

FOTO DE ARCHIVO- O alcalde da Laracha e membros do goberno nunha visita do delegado da Xunta ao concello

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí