Posta en valor da marca Costa da Morte – Terra Atlántica

0
870

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, destacou o traballo feito detrás da marca Costa da Morte – Terra Atlántica polo seu potencial dinamizador do territorio e de xeración de riqueza no rural.
Expresouno así nunha xuntanza mantida on representantes do grupo de desenvolvemento rural (GDR) Costa da Morte, promotor desta marca de territorio rexistrada en 2018 para dar a coñecer tanto esta área coruñesa como os bens e servizos que se producen e ofertan nela.


No encontro participaron o presidente do GDR, Manuel Muíño Espasandín (alcalde de Zas), o vicepresidente, Francisco Javier González Trillo e o secretario, José Manuel López Varela, (alcalde da Laracha).


Desde o GDR destacaron que xa están incorporadas á iniciativa un total de 46 empresas dos 17 municipios implicados, unha adhesión que celebrou a directora xeral de cara a asegurar a posta en valor da zona.
Inés Santé tamén valorou o labor dos 24 grupos de desenvolvemento rural da comunidade

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí