A Festa da Pataca segue co seu tirón

0
1150

Coristanco celebrou a XXXVII edición desta histórica festa. @cristobalmourin

 

Coristanco celebrou unha nova edición da Festa da Pataca cunha importante afluencia de público, que refrendeu o tirón deste evento gastronómico.

 

Tractores engalanados, degustacións, concursos gastronómicos, actuacións musicais, e xogos para tódalas idades volveron a formar parte dun programa que se iniciou xa o sábado cunha concorrida concentración de coches clásicas, a presentación dun libro e unha verbena.

 

 

Lupe Blanco, a pregoeira

 

Este ano a pregoeira foi a regueifeira Lupe Blanco, que foi presentada polo director deste xornal Xosé Manuel Lema. Blanco tamén formou parte da comitiva presidida polo alcalde Abraham Gerpe.O éxito deste evento foi corroborado polos distintos medios de comunicación que ofreceron os seguintes titulares.

 

 

“El gran poder de convocatoria de la Festa da Pataca se impone a todos los condicionantes”-

Diario de Bergantiños

 

“LA Festa da Pataca supera el abrupto cambio de gobierno”-

La Voz de Galicia

 

“Coristanco ensalza la calidad de sus patatas”

El Correo Gallego

 

“Coristanco homenaxeou á pataca por todo o alto”

“Festa da Pataca con sabor a regueifa”

 

Adiante Galicia