A Asociación de familiares de persoas con alzheimer de Bergantiños (AFABER) conmemora o Día Mundial do Alzheimer con varios actos. O pasado venres presentouse o cartel das actividades nun acto no que estivo presente o presidente da entidade, Jesús Villar Antelo e as directivas María Vilariño e Mar Barca.
Este é o programa
Martes 20 de setembro Local social de Afaber- Carballo
19:45 Inauguración do Día Mundial do Alzheimer a cargo da concelleira de Servicios Sociais, Maica Ures, e o presidente de Afaber, Jesús Villar.
20:00Charla – “Actuacións ante accidentes na poboación maior”, a cargo de Francisco Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil de Carballo.
Mércores 21
10:00 a 13:00 Mesa informativa situada na Rúa Coruña – Carballo
21:00Iluminación nocturna de cor verde da casa do concello e xuntanza na Praza do Concello
Domingo 25
12:30 Misa recordo oficiada polo párroco de Carballo Don José García Gondar
Acto de sensibilización na igrexa parroquial de San Xoán Bautista
