Vieiro impulsa o programa “Pais e nais no océano educativo”

0
598

A asociación Vieiro lanza o programa “Pais e nais no océano educativo”, dentro do seu plan de prevención no ámbito familiar, destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar que desexen informarse e formarse como educadores.
O programa consiste en distintos obradoiros por psicólogas e educadoras de Vieiro. Son os seguintes:
“CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)

  “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva)

  “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites)

  “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos)

  “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías)

  “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero)

É un programa gratuíto. ANPAS, centros educativos ou pais a nivel persoal poden solicitar a participación no mesmo. Os obradoiros darán comezo no mes de Outubro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.


A inscrición pode facerse na Asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan. Para calquera dúbida poden chamar ao 981756161.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí