Presentouse a 31 edición do FIOT

0
339

O Festival Internacional Outono de Teatro do concello de Carballo celebrarase entre o 30 de setembro e o 31 de outubro.

“Un total de 39 espectáculos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia e 2 coproducións forman o cartel do festival de teatro, que reafirma a súa aposta polas voces singulares e as e os artistas cunha identidade propia e única” indican desde a organización.

O acto de presentación tivo lugar este mércores coa presenza do director do AGADIC da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, ao alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do presidente de Telón e Aparte, Alberto Sueiro, do Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, ou do presidente do Grupo Calvo, Luciano Calvo.

Algunhas das obras seleccionadas son “Silencio”, de Juan Mayorga e protagonizada por Blanca Portillo; “La voluntad de creer”, o novo de Pablo Messiez; “Búho”, de Titzina; “Eclipse total”, de El Pont Flotant; ou o novo espectáculo de Leo Bassi.

Tamén se poderá ver a última propoosta do Centro Dramático Galego; ou “Impalpable”, de Sambuseck “a gran sensación da escena arxentina que triunfa en España, son algunhas das propostas de sala”.

O FIOT 2022 (máis info en fiot.gal) conta co apoio económico da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, concello de Carballo e Fundación Luis Calvo.Os bonos e entradas sairán á venda ao longo da semana que vén.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí